Con motivo da celebración o vindeiro día 17 de maio do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convocan Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor.
As mensaxes, dunha extensión máxima de 350 caracteres, deben estar escritas en lingua galega e poden redactarse en prosa ou en verso.
Todas as persoas que desexen participar teñen de prazo ata o 17 de maio para enviar as súas mensaxes. O xurado elixirá as gañadoras de entre as 100 declaracións máis votadas polos usuarios/as.
Se desexa máis información, prema aquí.

