A Fundación Eduardo Pondal, o Colectivo Con V de Valarés e as asociacións culturais Monte Branco, Inllar e a A Oliveira de Monte Branco presentan a trixésima edición de Festiletras, un amplo programa de actividades que se desenvolverá en Ponteceso entre os días 16 e 20 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas 2012, dedicado a Valentín Paz Andrade.
O programa inclúe convivencias de centros educativos, roteiros poético-musicais, presentacións literarias, actuacións musicais ou ciclos de cinema infantil, entre outras actividades. Pode consultar o programa completo no Facebook da Asociación Monte Branco.

