Preséntase a programación conmemorativa do 50 aniversario do Día das Letras Galegas


A Real Academia Galega presenta o programa de actividades que desenvolverá este ano 2012, xunto con outras institucións e entidades colaboradoras, para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas.

Entre as actividades que se organizarán ao abeiro deste programa están a distribución entre o estudantado de Bacharelato dun libro recompilatorio sobre todos os autores homenaxeados, a emisión na TVG dun documental e 50 microespazos sobre estes autores, a edición dun suplemento de contido celebratorio que distribuirá La voz de Galicia, a organización de exposicións conmemorativas e a celebración dun acto cívico que terá lugar o 16 de xuño na Praza de María Pita (A Coruña). Se desexa máis información, prema aquí.