Monográfico didáctico sobre Valentín Paz Andrade


A Coordinadora Galega de ENDL pon á disposición da comunidade educativa un monográfico sobre Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012. O monográfico compila recursos didácticos de diversa tipoloxía pensados tanto para traballar en liña como na aula.

A maiores, ofrécese información bibliográfica, así como unha fonoteca e unha videoteca con recursos sonoros e audiovisuais sobre este autor. Trátase dun espazo colaborativo en continua actualización, polo que a comunidade educativa pode enviar os seus recursos e propostas ao enderezo correo@coordinadoraendl.org.