Redondela homenaxea a Valentín Paz Andrade


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela presenta o programa de divulgación da figura e da obra de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras 2012.
No marco deste programa o xornalista Xan Carballa dará unha conferencia o vindeiro 11 de maio, no Auditorio Xosé Figueroa, sobre a vida e a obra deste autor e o 17 de maio terá lugar o acto institucional de celebración das Letras Galegas nos Xardíns da Alameda.

A maiores, durante a vindeira semana as asociacións culturais e veciñais do concello recibirán de agasallo as publicacións Biografía de Valentín Paz-Andrade e Antoloxía de Valentín Paz-Andrade, editadas por Galaxia.
Para obter máis información, prema aquí.