A Área de Cultura, Educación, Deportes, Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Fene organiza a décima edición do seu “Verán Máis Alá!”, un campamento lingüístico que ten como obxectivo facilitar unha alternativa de lecer educativo en galego e, ao mesmo tempo, promover a conciliación da vida familiar e laboral.
No campamento, que se desenvolverá no CEIP de Centieiras (Perlío) entre o 2 e o 31 de xullo de 2012, poderá participar o alumnado de educación infantil e primaria nado entre os anos 2000 e 2008. Os prazos de matrícula son os días 4 e 5 de xuño, para a veciñanza de Fene, e os días 6 e 7 de xuño, para a veciñanza doutros concellos.
Se desexa máis información, prema aquí.

