Somos a curta! II Premio de curtas de comedia


A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC convoca a segunda edición do certame “Somos a curta!”, que ten como obxectivo promover o uso da lingua galega entre os novos valores do audiovisual.

O certame está destinado ao alumnado das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia. As persoas interesadas deben presentar, antes do 7 de novembro de 2012, unha peza audiovisual cunha comedia en galego que non supere os 10 minutos, créditos incluídos.
O 14 de novembro de 2012, no transcurso da gala de exhibición pública das curtas presentadas, entregaranse os dous premios do concurso, de 400 e 200 euros respectivamente, así como un diploma honorífico, outorgado polo público asistente á gala.