Mañá, 21 de xuño de 2012, ás 11.30 h terá lugar na Libraría Couceiro (Santiago de Compostela) a presentación pública de LEGA (Lecer Galego), unha plataforma dixital que integrará diferentes recursos lúdicos en lingua galega.
O proxecto, promovido polo colectivo GalegoLab, agrupa recursos como “Galegogym”, que ofrece táboas de ximnasia con música en galego; “Astronomía básica”, destinado aos afeccionados á astronomía; xogos de ordenador e unha curtametraxe de animación subtitulada ao galego. A plataforma irase completando no futuro con novos contidos.

