Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013


O Plenario da Real Academia Galega (RAG) acordou, na sesión ordinaria do pasado 22 de xuño de 2012, dedicarlle o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño. Vidal Bolaño é, como autor teatral, unha peza clave e referente imprescindible do noso sistema literario, converténdose coa súa ampla obra en principal dinamizador e transformador do Teatro Galego. Tamén é salientable o seu labor como actor, director e guionista audiovisual. Na súa obra destacan, entre outros, títulos como Laudamuco, Señor de Ningures (1976), Saxo tenor (1993) ou Rastros (1998).

Na mesma sesión plenaria, a RAG acordou nomear académico de honra a Arcadio López Casanova e académicos correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo Fernández, Olivia Rodríguez González, Goretti Sanmartín Rei e Xavier Vence Deza.
Se desexa ampliar esta información, prema aquí.