A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, a Deputación de Lugo, a Obra Social de Novacaixagalicia e os concellos de Guntín e Taboada, presenta a sexta edición deste certame que ten por obxecto fomentar a investigación en lingua galega sobre o ámbito rural.
Os traballos debe ser orixinais e inéditos, estar redactados en galego e ter unha extensión mínima de 100 folios. A temática debe cinguirse aos ámbitos lingüístico, histórico, artístico, arqueolóxico, antropolóxico, etnográfico e folclórico dos concellos que integran o Condado de Pallares (Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo). O gañador/a recibirá un premio de 3000 euros.
O prazo de presentación remata o 3 de novembro de 2012. Se desexa máis información prema aquí.

