O pasado sábado, 7 de xullo de 2012, tivo lugar en Ribadavia a presentación pública da Irmandade Galega de Adegueiros, entidade que ten como obxectivo fomentar a etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios.
A Irmandade, promovida polo Foro Enrique Peinador, está integrada por 34 adegas e 8 empresas de distribución.
Os integrantes da Irmande comproméntese a usar o galego na etiquetaxe dos seus produtos, conscientes do poder do galego como elemento diferenciador e como marca de calidade.
Co ánimo de contribuír á comercialización destes produtos, o Foro Enrique Peinador difundirá durante os vindeiros meses a campaña Consumogustos, destinada a promover un consumo responsable.

