Compostela volve xantar en galego


Bota a andar a terceira edición da campaña "Xantar Compostela", unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Hostelería Compostela co obxectivo de promover a presenza da lingua galega no ámbito da hostalaría compostelá.

Nesta terceira edición distribuiranse 200 000 exemplares de manteis entre os máis de 1 500 establecementos de restauración e hospedaxe adscritos á Asociación Hostelería Compostela. A clientela destes establecementos poderá gozar durante os tempos de espera cos diferentes pasatempos e xogos de palabras que conteñen os manteis, deseñados en catro modelos diferentes (dous para nenos e dous para adultos).
Para ampliar esta información, prema aquí.