A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Compañía de Radio Televisión de Galicia e a editora e produtora Bolanda, presentaron publicamente a nova serie de televisión baseada nas aventuras dunha familia moi coñecida entre o público infantil: os Bolechas.
A serie, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre os/as máis pequenos/as da casa, inaugúrase con oito capítulos, de seis minutos de duración, que serán emitidos tres veces ao día dentro do espazo Xabarín Club, na segunda canle da TVG.
Se desexa máis información, prema aquí.

