Deportistas profesionais de elite serán “espello deportivo” no uso do galego


A Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolverá, no marco da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) e en colaboración coa Deputación da Coruña, a campaña Espello deportivo, que ten como obxectivo promover o uso e o prestixio do galego no ámbito deportivo.

A través desta iniciativa, no último trimestre do ano diferentes deportistas profesionais de elite (como o padexeiro David Cal; as regatistas Támara Echegoyen e Sofía Toro; o nadador Chano Rodríguez e o tirador Juan Saavedra) visitarán as escolas deportivas da RDL para compartir co alumnado as súas experiencias deportivas e promover o uso do galego como un valor colectivo que conforma a nosa identidade.
Para ampliar esta información, prema aquí.