I Concurso de Curtametraxes Sociolóxicas


As comisións de normalización lingüística das Facultades de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC organizan, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística, o I Concurso de Curtametraxes Sociolóxicas, destinado ao alumnado destas dúas facultades.

As curtametraxes, de entre 4 e 10 minutos de duración, deben centrarse nunha das seguintes temáticas: traballo e consumo; poboación; desigualdade social e movementos sociais. As obras deben entregarse en versión orixinal en galego, ou en castelán con subtítulos en galego. O xurado outorgará tres premios, de 500€, 300€ e 150€. O prazo para presentar os traballos remata o 30 de novembro de 2012.

Para coñecer o texto completo da convocatoria, prema aquí.