O Consello de Europa valora o cumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no Estado español


O Comité de Ministros do Consello de Europa, en virtude do artigo 16 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, recoméndalle ao Estado español ter en conta as valoracións e aplicar as recomendacións expostas no terceiro informe sobre o grao de cumprimento da Carta en España, elaborado polo Comité de Expertos do Consello de Europa.

Neste informe valórase a situación do noso idioma nos diferentes ámbitos nos que o Estado español se compromete, a través da ratificación da Carta, a protexer o galego (administración, xustiza, ensino, medios de comunicación….), sendo especialmente crítico o Comité de Expertos coa política lingüística adoptada pola Xunta de Galicia no ámbito educativo, derivada da aplicación do Decreto 79/2010, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Para consultar os informes anteriores, prema aqui.