O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan a décimo terceira edición do Premio Manuel Beiras, que ten como finalidade outorgar un recoñecemento público ao compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial.
O galardón contempla dúas categorías, unha para as empresas que veñen realizado un uso continuado da lingua galega e outra para as que se incorporaron recentemente ao uso do galego. A maiores, o xurado tamén pode outorgar unha distinción especial a persoas ou entidades que destaquen polo labor a prol da normalización do galego na empresa.
O prazo para presentar as candidaturas remata o 30 de novembro de 2012. Se desexas máis información sobre as bases desta convocatoria, preme aquí.

