Edítase a primeira versión en galego da Constitución de 1812

Edítase a primeira versión en galego da Constitución de 1812

Co gallo do centenario da súa promulgación, O Consello da Cultura Galega presenta a primeira edición en lingua galega da Constitución Política da Monarquía Española promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812 e do Discurso preliminar lido nas Cortes ao presentar a Comisión de Constitución o seu proxecto.

O volume, elaborado en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, incorpora a edición facsímile do texto constitucional xunto con estudos introdutorios de Ramón Villares, Roberto Blanco Valdés, Ramón Máiz e María de Lourdes Pérez González.
Podes consultar a versión en PDF desta obra premendo aquí.