Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada

Rosalía de Castro no século XXI

Con motivo da conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas, o Consello da Cultura Galega organiza o congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, estruturado en cinco xornadas que terán lugar entre os meses de febreiro e xuño de 2013.

Os principais obxectivos do congreso son amosar a vixencia da obra de Rosalía no século XXI, visibilizar as diferentes perspectivas de análise que se desenvolveron nas últimas décadas e estimular novas lecturas críticas.
En paralelo ás xornadas presenciais, desenvolverase unha programación virtual, aberta a comunicacións libres.