Nós tamén creamos!


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a segunda edición do programa Nós tamén creamos!, dirixido a centros públicos de educación infantil e primaria co ánimo de estimular o uso da lingua e a creatividade dos máis pequenos/as.

O profesorado de 60 centros terá a oportunidade de recibir formación para elaborar unha curta de animación coa técnica stop-motion. Entre os traballos elaborados outorgaranse tres premios, segundo o ciclo educativo, e os centros premiados recibirán un lote de libros de OQO, un regalo fornecido pola CRTVG e mais unha certificación de Premio de Innovación Educativa. As curtas gañadoras serán emitidas na TVG.
O prazo para enviar as solicitudes de participación remata o 1 de marzo de 2013. As curtametraxes poden entregarse ata o 30 de abril.
Se desexas máis información, preme aquí.