Con motivo da conmemoración do vindeiro Día das Letras Galegas, a Fundación Barrié, a través da súa canle educativa educaBarrié, convoca o concurso Agasallo de luz, un proxecto educativo deseñado para render homenaxe á obra de Roberto Vidal Bolaño e conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
O certame, dirixido aos centros de primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos de Galicia, consiste na elaboración dun texto teatral sobre o Banquete de Conxo, que o alumnado deberá representar e gravar en vídeo. Os autores do vídeo gañador recibirán unha tablet e o docente coordinador un lector de ebook.
O prazo para enviar os vídeos remata o 17 de maio de 2013.

