Maratón de actividades en Vigo para alumear a nosa lingua

Maratón de actividades en Vigo para alumear a nosa lingua

O Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza o programa de dinamización lingüística Alumea a túa lingua!, un maratón de actividades que comezou o pasado 22 de febreiro e rematará o vindeiro 17 de maio, día no que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, nunha imprenta da rúa Real (Vigo).

O programa, que se desenvolverá en colaboración con diferentes entidades da cidade, inclúe, entre outras actividades, concertos musicais, recitais poéticos, certames escolares, contacontos dramatizados ou charlas sobre a obra rosaliana.