O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago organiza o I Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, co obxectivo de fomentar o uso do galego na comunicación publicitaria.
O concurso está dirixido a empresas ou profesionais do deseño e da comunicación, que deben presentar un proxecto publicitario orixinal en lingua galega para unha entidade (establecemento, grupo empresarial, asociación… ) que forme parte do tecido socioeconómico compostelán.
O prazo de inscrición remata o 15 de abril de 2013 e o/a gañador/a recibirá un premio en metálico de 5000 euros.

