Santiago convida a mocidade a vivir a Paixón en galego

Santiago convida a mocidade a vivir a Paixón en galego

A Confraría de Estantes, o Concello de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentan a campaña Vive a Paixón, unha iniciativa dirixida á poboación máis nova co obxectivo de que participen en galego nos ritos propios da Semana Santa e compartan as súas experiencias nas redes sociais.

A principal acción da campaña consiste nun concurso, que inclúe tres categorías, no que os participantes deben difundir en galego, a través das redes sociais, curtametraxes (“paixón curta”), artigos (“relata a paixón”) ou fotografías (“a paixón de pedra”) relacionadas coa Semana Santa compostelá. Outorgaranse dous premios por categoría, un primeiro de 200 € e un segundo de 100 €.
O prazo para subir os traballos á rede remata o 3 de abril de 2013, ás 14:00 horas.