Obradoiro de notas de prensa para a difusión de accións de normalización lingüística


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua organiza un obradoiro de notas de prensa destinado aos traballadores/as de normalización lingüística, co obxectivo de ofrecerlles os coñecementos prácticos necesarios para elaborar notas de prensa que comuniquen de xeito eficiente as mensaxes que precisan transmitir no marco do seu traballo.

O curso ten unha duración de 10 horas (4 presenciais e 6 non presenciais) e as sesións desenvolveranse ao longo dos meses de abril e maio de 2013. O prazo de inscrición comeza o 3 de abril, ás 10:00 h, e remata o 10 de abril, ás 14:00 h.