O Instituto da Lingua Galega organiza o Curso de toponimia: interpretación e actuación, que se desenvolverá entre os días 16 e 19 de xullo de 2013 na Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo do curso é ofrecer formación, desde unha perspectiva multidisciplinaria, nos ámbitos da pescuda etimolóxica, a didáctica da toponimia, a acción normalizadora e o traballo de campo.
A matrícula realizarase a través da páxina web da USC, onde a partir da primeira quincena de maio tamén se achegará toda a información necesaria sobre os trámites de inscrición.
Para obter máis información, prema aquí.

