Cursos de verán de lingua e cultura galegas en Santiago de Compostela

Cursos de verán de lingua e cultura galegas en Santiago de Compostela

A Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega (USC) e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan unha nova edición destes cursos estivais, dirixidos a estranxeiros/as e españois de fóra de Galicia, que se desenvolverán entre os días 4 e 24 de xullo de 2013.

Os cursos, que se organizan en diferentes niveis (elemental, medio e curso superior de Filoloxía Galega) teñen como principal finalidade ofrecerlle ao alumnado de fóra de Galicia a posibilidade de se familiarizar coa lingua e a realidade sociocultural galegas.
O prazo de inscrición remata o 1 de maio de 2013. Para consultar o texto completo da convocatoria, preme aquí.