As concellarías de Normalización Lingüística e de Educación do Concello de Santiago presentan o programa En galego, con todas as letras, que se desenvolverá o vindeiro 17 de maio na Praza do Toural con motivo da festividade das Letras Galegas 2013. No transcurso da xornada terá lugar o obradoiro creativo “Renova a camisola con Vidal Bolaño” (destinado ao público infantil), o concerto Tic-Tac de Pablo Díaz e a súa banda (destinado a público familiar) e o fotocol Gústame o Galego (dirixido a toda a cidadanía).
Nestes días previos, todas as persoas que o desexen poden participar, a través das redes sociais, no concurso “Crea un lema Gústame…”. O lema máis votado en cada unha das redes sociais (facebook e twitter) recibirá como agasallo un lector dixital, que se entregará o 17 de maio.
Para ampliar esta información, preme aquí.

