Aparecen novos testemuños da poesía galega postrobadoresca


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia presentou onte, 1 de maio de 2013, o cancioneiro de Afonso Paez "En cadea sen prijon", unha compilación de vinte e tres textos inéditos da poesía galega postrobadoresca datados entre os anos 1380 e 1430. Os textos, localizados polos técnicos Gabriel Quiroga e Dolores Pereira nun arquivo familiar en Lugo, preséntanse nunha edición semidiplomática e crítica realizada polo profesor Henrique Monteagudo.

O groso do conxunto está composto por poesía amatoria, aínda que tamén se atopou unha composición piadosa, unha mostra de poesía burlesca e outra do xénero de debate poético. A descuberta axuda a botar luz sobre a última etapa na nosa lírica medieval, que polo que agora sabemos, foi máis rica e creativa do que se pensaba.
Para ampliar esta información, preme aquí.