Materiais divulgativos para difundir a figura de Roberto Vidal Bolaño nos centros de ensino

Materiais divulgativos para difundir a figura de Roberto Vidal Bolaño nos centros de ensino

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia estrea unha nova sección web onde poden descargarse os materiais divulgativos creados para difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario.

Entre os centros de educación infantil e primaria, a SXPL difundirá unha guía e mais os carteis da exposición “Autor, actor e público do aquí”, elaborados polo CEIP ADR Castelao de Rianxo. Os materiais deseñados para difundir entre os centros de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas Especiais son unha guía didáctica, carteis e un libro electrónico, elaborados pola Asociación Roberto Vidal Bolaño.
A sección web complétase cunha mostra de iniciativas que, con motivo das Letras Galegas 2013, se están a desenvolver en diferentes centros de ensino do país.