Os consellos asesores de RTVE en Galicia e da CRTVG entregaron os XX Premios de Publicidade en Galego, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo realizado a prol da normalización lingüística por parte de empresas e entidades que se publicitan nos medios de comunicación.
Nesta edición os traballos premiados foron “Ti fas cambre” (desenvolvido por Reclam para o Concello de Cambre), na modalidade de internet; “Sairemos como galegos” (desenvolvido por Bap&Conde para Gadis), na modalidade de radio; e “As cousas boas” (desenvolvido por Bap&Conde para Larsa), na modalidade de televisión.

