Cultura e lingua na Semana Cultural de Zas

Cultura e lingua na Semana Cultural de Zas

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas está a difundir as actividades de dinamización lingüística que se desenvolverán, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística, no marco da Semana Cultural do Concello de Zas, que terá lugar entre os días 28 de xullo e 4 de agosto de 2013.

A programación lingüística comeza o vindeiro domingo 28 de xullo, ás
19:00 h, cunha charla-coloquio co escritor Xosé Neira Vilas e a inauguración da exposición “Querido Balbino: Memorias dun neno labrego”. Ao día seguinte, 29 de xullo, o público poderá participar no fotocol “Gústame o galego”, entre as 19:00 h e as 21:00 h, e finalmente, o 1 de agosto ás 21:30 h, terá lugar no auditorio municipal a representación Bicos con lingua: X Aniversiario, de Talía Teatro.