Dinamización e formación lingüística nos concellos da Mariña


O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organiza diversas actividades de dinamización e formación lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego entre a poboación mariñá. As actividades desenvolveranse durantes os meses de agosto, setembro e outubro en diferentes concellos adscritos á Mancomunidade.

Na actualidade estanse a desenvolver os Talleres de manualidades e reciclaxe para nenos/as en galego, onde os máis pequenos/as teñen oportunidade de desenvolver a súa creatividade ao tempo que adquiren novos coñecementos lingüísticos de xeito lúdico. Nos meses de agosto, setembro e outubro terán lugar as Xornadas de actualización da linguaxe administrativa galega, dirixidas ao cadro de persoal das administración locais que forman parte da Mancomunidade. Así mesmo, organizaranse os Cursos de iniciación á lingua galega para inmigrantes, co ánimo de favorecer a integración cultural e lingüística deste sector da poboación.

Podes ampliar esta información dirixíndote ao SNL da Mancomunidade, a través do teléfono 982 140 675 ou do enderezo electrónico snlmarinhalucense@hotmail.com.