A Gentalha do Pichel organiza a terceira edición do festival Sementes de música, unha iniciativa deseñada para reivindicar o ensino en galego e conseguir fondos para Escola de Ensino Galego Semente, un proxecto de ensino en galego que fomenta valores como o asemblearismo, a laicidade, o respecto pola natureza e a integración no contorno social. O concerto terá lugar o 16 de marzo, ás 18:00 h, no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) e contará coas actuacións de Davide Salvado (xunto con Cristian Silva e Santi Cribeiro), Caxade (xunto con Manu Paino e Manuel Espiño) e Sés (con Manolo Maseda).

