O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza o concurso Gústame o galego nos centros de ensino. O certame está dirixido ás escolas infantís, escolas e centros de educación infantil e centros de todos os niveis do ensino obrigatorio, de bacharelato e de formación profesional do ámbito territorial do concello de Vigo; así como á Universidade de Vigo (campus de Vigo, Pontevedra e Ourense).
Establécense diferentes categorías e disciplinas (cartel, banda deseñada, vídeo, conto ilustrado, rap/regueifa, microrrelato), segundo o nivel educativo. Todas as creacións deben aterse á finalidade xeral da campaña Gústame o galego, que é a visibilización do apoio ao fomento da lingua galega, así como ao ton positivo e propositivo da mesma.
O prazo para enviar as obras que competirán na fase final remata o 28 de abril de 2014. Para ampliar esta información, preme aquí.

