Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2014, a Rede de Dinamización Lingüística convoca o concurso de cuñas de radio “O galego na onda”, que ten como obxectivo promover a reflexión sobre a lingua galega e a súa valoración positiva entre a mocidade. O certame, que están a organizar diferentes concellos adscritos á Rede, está dirixido ao alumnado da ESO e desenvolverase en dúas fases, unha a nivel local e outra a nivel autonómico. Os gañadores/as da fase autonómica recibirán como premio a realización dun programa radiofónico na Radio Galega coa colaboración de profesionais deste medio e un lote de libros.
Dous dos concellos que participan na iniciativa son Fene e Corcubión. Podes consultar as bases das súas respectivas fases locais aquí:
-Fase local no Concello de Corcubión.
-Fase local no Concello de Fene.

