O comercio pontevedrés comproba que o galego tamén vende


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta unha nova edición da campaña Proba en Galego, unha iniciativa deseñada para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa, como marca de identidade, calidade e proximidade. Aquelas empresas que se adhiran á campaña e cumpran con éxito o decálogo de compromisos recibirán un premio. Podes ampliar esta información no sitio web da iniciativa.