Os nenos de Narón viaxan polo mundo a través da música


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón organiza o espectáculo musical “Unha viaxe polo mundo”, organizado no marco do proxecto Apego, para fomentar a transmisión lingüística e crear espazos de uso en galego no ámbito do lecer. A actividade, dirixida a familias con nenos/as de 0 a 10 anos, terá lugar o vindeiro domingo 18 de outubro de 2015, na Praza de Galicia (Narón). A actividade é de balde e non é preciso reservar praza.