Os escolares do Bierzo festexan cunhas xornadas o Día do Galego


A Comisión Cultural Martín Sarmiento convoca as VIII Xornadas Martín Sarmiento, que terán lugar o vindeiro 9 de marzo de 2016 en Vilafranca do Bierzo co lema “A diversidade lingüística, garantía da riqueza patrimonial”. Os obxectivos das xornadas son poñer en común diversas experiencias escolares, debater sobre a situación da lingua galega no Bierzo e redactar un catálogo de propostas para promover o seu uso. Para coñecer o programa concreto destas xornadas, preme aquí.