XIV Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas


Escolas Católicas Galicia organiza, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais do Consello da Cultura Galega (CCG), a XIV Xornada de Normalización Lingüística, que terá lugar o 23 de novembro de 2018 na sede do CCG, en Santiago de Compostela. Trátase dunha iniciativa de formación e intercambio de experiencias dirixida ao profesorado e aos membros dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos de Galicia. O prazo de inscrición remata o 20 de novembro.