Resólvense os XXIX Premios San Martiño de Normalización Lingüística


O Padroado dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística fixo públicos os gañadores da súa vixésimo novena edición. Os premiados son a Asociación Cultural Tamparrantán, na modalidade “A Estrada e comarca de Terra de Montes”; a deportista Ana Peleteiro Brión, na modalidade “Galicia enteira” e o Museo do Pobo Galego, na modalidade “Toda unha vida”. A entrega dos galardóns terá lugar no Teatro Principal da Estrada no mes de novembro.