A Mesa ofréceche un bo feixe de ideas para agasallar en galego


Un ano máis por estas datas, A Mesa pola Normalización Lingüística convídate a consultar o seu Catálogo de Nadal 2019, que compila as diferentes propostas de agasallos en galego que ofrecen as empresas adscritas ao proxecto Abertos ao Galego. O obxectivo é achegarlles aos potenciais consumidores ideas de agasallos para esas datas festivas e, ao mesmo tempo, fomentar un consumo responsable que aposte pola calidade, a proximidade e o idioma.