Simposio Léxico e estandarización en Galicia


O Instituto da Lingua Galega abordou durante o mes de novembro cuestións como os empréstitos ou a elaboración dun vocabulario científico en galego.
(Máis información)

O programa do simposio Léxico e estandarización en Galicia consta de dúas disertacións de carácter xeral que deron paso ó longo do mes a outros catorce relatorios e a unha mesa redonda centrados no caso galego. As sesións tiveron lugar os martes e os xoves na Facultade de Filoloxía da USC e na sede do Consello da Cultura Galega. Este simposio pretendeu realizar unha análise do avance que nos últimos vinte anos se fixo na codificación do léxico.

Pode consultar o programa completo na páxina do ILG.