Concurso para a campaña Entre nós en galego


A Dirección Xeral de Política Lingüística convoca no DOG do 28 de outubro un concurso público para a subministración de material promocional da campaña Entre nós en galego.
(Máis información)

Esta campaña pretende difundir o idioma nos centros educativos tanto públicos coma privados, e nas etapas de infantil, primaria e secundaria.

O orzamento ascende a 156.263 euros, e as proposicións poden presentarse ata o día 6 de novembro na sede da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en Santiago de Compostela.


Pode consultar a convocatoria e o prego de cláusulas administrativas particulares na páxina da Xunta de Galicia.