¿Xogas?


O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presentou o 21 de novembro a nova edición da campaña ¿Xogas? En galego podemos, destinada a difundir o idioma nos momentos de ocio da xente máis nova.
(Máis información)

O SNL e a Universidade de Vigo organizan esta proposta de actividades lúdicas para nenos e nenas de 4 a 10 anos que, entre o 23 de novembro e o 11 de xaneiro, poderán disfrutar de diversos obradoiros, sesións de contacontos e bailes.

Na edición que se desenvolveu ó longo deste ano, o programa de ¿Xogas? ampliouse cunha serie de ofertas para a xuventude relacionadas cos deportes de aventura.

Pode obter máis información desta campaña para o uso do galego no tempo de lecer na páxina da Área de Lingua da Universidade de Vigo.