O Consello Asesor da RTVE en Galicia presentou en Santiago de Compostela a décima edición dos Premios de Publicidade en galego 2002, que este ano galardoará os mellores anuncios da radio, da televisión e tamén de Internet realizados na nosa lingua.
(Máis información)
Estes premios creáronse hai 10 anos para impulsar o emprego do idioma nas cuñas publicitarias dos medios de comunicación galegos. O prazo de presentación dos anuncios remata o 31 de xaneiro de 2003, e poden concorrer os anunciantes e tamén as radios e televisións da comunidade, aínda que non sexan os productores do espacio promocional co que concursan.
Pode consultar as bases destes premios na web da Radio Televisión Española en Galicia.

