Herdar en galego


A Dirección Xeral de Política Lingüística presentou o 9 de xaneiro unha campaña para fomentar o uso do idioma nos testamentos e nas últimas vontades dos cidadáns.
(Máis información)

Baixo o lema Non desherdes a túa lingua difundirase material publicitario en ambulatorios médicos, residencias da terceira idade ou notarías, ademais de anuncios en radio e televisión cos que se pretende animar a que os galegos manteñan o seu compromiso co idioma ata a última vontade. A Dirección Xeral de Política Lingüística prevé tamén a distribución dun volume no que se poden consultar as mandas de persoeiros da política e da cultura galegas, así como cinco relatos curtos relacionados coas últimas vontades das persoas.

Esta iniciativa está coordinada polo responsable do SNL de Redondela, Xosé González. Neste concello lévase a cabo unha campaña similar baixo o nome Unha lingua para despois de nós.


Pode obter máis información desta campaña no sitio web da Dirección Xeral de Política Lingüística.