Libros en galego para os estudiantes do Bierzo


A Mesa pola Normalización Lingüística e diversas entidades culturais do Concello de Ferrol organizan unha campaña de recollida de libros en galego destinados ós estudiantes do noso idioma nos colexios do Bierzo.
(Máis información)

A iniciativa está promovida pola Mesa, o Concello de Ferrol, o Ateneo e os colectivos Artábria e Medulio e conta ademais coa colaboración doutras entidades da comarca.

Esta campaña presentouse en decembro de 2002 e pretende doar libros ós centros de ensino do Bierzo e de Ponferrada para os 350 alumnos de primaria e secundaria que estudian galego como materia optativa.

Pode obter máis información na páxina de Vieiros O Bierzo