O servicio automático de Banca Telefónica de Caixa Galicia emprega desde onte o galego nas consultas dos clientes que así o soliciten.
(Máis información)
O 24 de febreiro Caixa Galicia puxo en funcionamento a atención íntegra en galego da Banca Telefónica. Este servicio, que permite acceder ás contas bancarias e á información sobre bolsa, ofrécelle ó cliente a posibilidade de ser atendido en galego ou en castelán. Se o usuario escolle o galego, esta opción xa queda arquivada para as súas sucesivas consultas.
A Banca Telefónica intégrase na Caixa Activa, un servicio de consulta do que pode obter máis información no sitio web de Caixa Galicia.

