A distribuidora catalana Luk Internacional presentou os seus dous últimos proxectos de dobraxe en lingua galega: Doraemon e o tren do tempo e Shin Chan, que se distribuirán en vídeo e DVD.
(Máis información)
Tras o éxito destes filmes na pantalla grande, Luk Internacional, coa colaboración da Televisión de Galicia e da Mesa pola Normalización Lingüística, lanza agora estes mesmos títulos en vídeo e DVD cunha tiraxe de cinco mil exemplares.
Doraemon e o tren do tempo está xa no mercado e Shin Chan poderá adquirirse a partir do vindeiro 5 de novembro.

